25º Aniversario da AFG
Francisco Dans del Valle Enxeñeiro de Montes, director da AFG
|
O 22 de febreiro de 1986 celebrábase en Santiago de Compostela, na Facultade de Ciencias Económicas da USC, a sesión constitutiva da Asociación Forestal de Galicia. En maio do mesmo ano a AFG dispoñía de estatutos e comezaba a funcionar como a primeira entidade corporativa de propietarios forestais.
Os socios fundadores, vinte propietarios forestais de distintos puntos de Galicia, asinaron unha acta fundacional na que facían constar o seu compromiso de liderar un movemento dirixido a promover a silvicultura, a darlle valor ao monte e a dignificar o oficio de silvicultor. O éxito da iniciativa foi inmediato: en menos de dous anos máis de trescentos silvicultores e un importante número de comunidades de montes veciñais integráranse na asociación.
A partir dos principios estatutarios formulados en 1986, imos tratar de atisbar os resultados despois de vintecinco anos de actividade.
|