Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 54

25 anos da AFG



Francisco J. Fernández de Ana Magán
Presidente AFG

Cando esta revista saia do prelo estaremos celebrando o vinte e cinco aniversario da creación da Asociación Forestal de Galicia. Xurdiu esta asociación da man de un grupo de vinte e dous homes independentes conscientes das enormes posibilidades do noso monte e coa vontade firme da mellora do mesmo; o seu traballo e visión de futuro personalizámolo hoxe en D. Fernando Molina o noso presidente de honra.

Vinte e cinco anos despois da súa fundación a nosa asociación presenta unha andaina chea de sucesos exitosos que mudaron a sensibilidade dos propietarios forestais galegos, tamén de parte da sociedade e mesmo dos técnicos nesta materia.

Os nosos socios representan o mellor do mundo forestal e mesmo da defensa do medio natural xa que un bosque produtivo é garantía de defensa da natureza.

Lembramos o apoio que as diversas administracións galegas nos deron para manter as nosas actividades formativas cara os silvicultores; formación que xa comezou a dar os seus froitos na concentración voluntaria dos traballos, na silvicultura para obter madeira de calidade, na produción de biomasa como recurso enerxético, no emprego de valoración na venda de madeira, no coñecemento das pragas e doenzas e na avaliación das externalidades que producen estas áreas en beneficio da sociedade galega e do mundo en xeral.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es