O Centro de Investigación de Lourizán recupera a súa orientación forestal
|
Despois dun período de catro anos dedicado á investigación ambiental, o Centro de Lourizán volve recuperar a súa tradición como centro de investigación forestal. Para definir a súa actividade e funcionamento nesta nova etapa, a Consellería do Medio Rural encargoulle á Universidade de Vigo a elaboración dun plan director.
Coincidindo co regreso de Gabriel Toval Hernández á dirección do Centro (detentara o mesmo cargo entre 1985 e 1988), a Consellería do Medio Rural decidiu poñer en marcha un Plan Director do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán.
Para a elaboración do Plan Director convocouse o pasado 28 de xuño a unha mesa de expertos para a valoración dos factores claves do Plan, á que se convocou á Asociación Forestal de Galicia e outras asociacións forestais e empresariais, ás universidades, entidades de I+D+i, á Dirección Xeral de Montes, Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais e ao persoal directivo do CIF de Lourizán.
|