Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 52

Situación dos montes afectados polo temporal Klaus






Cumpriuse un ano do temporal e aínda está en curso a retirada da madeira danada nos montes que tiveron subvencións para a corta e saca ao abeiro da orde de axudas da Consellería do Medio Rural.

A Intensidade e extensión dos danos rexistrados nos montes fixo que moitos propietarios forestais se interesasen por solicitar subvencións ao abeiro da orde para a recuperación das zonas forestais danadas polo temporal acaecido en Galicia o 23 e 24 de xaneiro publicada no DOGA o 15 de abril de 2009.

A tramitación das axudas
Esta orde de axudas reflectiu en gran parte os principais puntos do Acordo Forestal, asinado pola Consellería do Medio Rural cos representantes do sector forestal e da industria da madeira na reunión da Mesa da Madeira do 27 de febreiro. Sen embargo, houbo un punto esencial da orde que non se respectou no proceso de tramitación das solicitudes.

Por primeira vez e despois da insistencia da AFG nas distintas reunións da Mesa da Madeira, no artigo 3 da orde indicábase que se daría preferencia na tramitación das axudas a aqueles propietarios forestais pertencentes a algunha asociación, dada a maior facilidade e eficacia que supoñía recibir as solicitudes a través dun só xestor. Na realidade, os expedientes resolvéronse e executáronse exclusivamente por orde de presentación das solicitudes no rexistro, incumprindo os termos da orde e prexudicando a todos os propietarios que se preocuparon de agruparse con outros afectados ou ben de tramitar a solicitude a través dunha asociación de silvicultores. Os propietarios socios da AFG estive-ron neste grupo resultando prexudicados, molestos e cansos do longo proceso de tramitación.

Para a súa desesperación, pasaron meses esperando a que se resolvesen os expedientes, vendo como outros propietarios, que non estaban entre aqueles que debían ser priorizados, foron atendidos con anterioridade.

As actas de recoñecemento previo entre os propietarios e a empresa pública Seaga empezaron a asinarse no mes de setembro; no mes de outubro empezaron a facerse os traballos de retirada en parte das fincas afectadas e a día de hoxe aínda hai unha boa parte delas nas que os traballos aínda non remataron e incluso algunhas nas que aínda non empezaron.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es