Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 51

A sanidade dos nosos montes despois do paso do ciclón Klaus



Francisco J. Fernández de Ana Magán
Presidente da AFG

Os silvicultores galegos temos unha vez máis graves problemas nos nosos montes; no verán do 2006 foron os incendios e neste inverno foi a desfeita orixinada polos fortes ventos acontecidos na noite do 23 de xaneiro. Nesa noite en moitas partes do noso territorio as árbores tiveron que soportar ventos que andaron moi próximos ós 200 km/h. Nesta situación a resposta das especies forestais foi moi diversa dependendo da súa estrutura interna, de que teñan folla perenne ou non, do tipo de solo no que medran, da exposición ó vento, da idade da planta e mesmo da densidade da mata..

Nestes temporais sufriu máis un piñeiro que un eucalipto, dado que a estrutura da madeira do primeiro resiste menos os esforzos da tensión; sufriu máis un eucalipto que un carballo pois o primeiro estaba con folla e o segundo non; sufriron máis as árbores que estaban en solos pouco fondos que as que tiñan fortes raíces ancoradas na terra fonda; resistiron mellor as plantas novas cas vellas pola súa flexibilidade.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es