Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 51

Crise e Klaus, quebra no mercado da madeira



Xosé Covelo Míguez
Xerente da Unidade de comercialización de madeira

O mercado da madeira segue nos últimos meses na situación de baixada xeneralizada de prezos. O eucalipto para pasta volveu padecer baixadas e a produción industrial estase relentizando. O piñeiro para serra segue estancado pois o mercado está totalmente paralizado, con diversos peches de serradoiros e importantes reducións na produción. Na madeira de piñeiro tanto para taboleiro como para pasta xa se empezan a notar axustes á baixa do prezo para estes destinos. Por outra parte, o mercado das frondosas caducifolias xa leva tempo sufrindo un resentimento continuado, atopándose actualmente nunha situación na que os serradoiros que traballan estas especies se centran principalmente no castiñeiro para vigas seguido do carballo. Esto podería ter a súa razón en que nas zonas do interior onde abundan estas especies estase revitalizando a restauración de casas, manténdose un mercado neste sentido e suplindo levemente o ata agora potente mercado da vivenda nova.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es