Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 51

Nova Xunta de Goberno da Asociación Forestal de Galicia






O sábado 17 de xaneiro de 2009 celebrouse no Salón de Actos da Fundación Pazo de Mos en Mos, unha Asemblea Xeral Extraordinaria da Asociación Forestal de Galicia na que se elixiu a Xunta de Goberno que gobernará a Asociación nos vindeiros catro anos.

Na asemblea elixíronse os doce membros da nova Xunta de Goberno. A candidatura presidida por Francisco Fernández de Ana Magán resultou elixida por maioría absoluta dos socios que se acreditaron para a asemblea. Foron elixidos para os cargos de Vicepresidentes da Asociación: Antonio Rigueiro Rodríguez (de Relacións Institucionais), Celsa Sánchez Vázquez (Montes Particulares) e José Luis Campos Represas (Montes Veciñais). Para os cargos de Vocais de Montes Particulares: José Luis Corral Rey, María Rendo Iglesias, Manuel Martín Souto Castro e Juan Luis Ríos Arnejo. Para os cargos de Vocais de Montes Veciñais: Serafín González Fraiz, Jesús Rodríguez Álvarez, Julio Martín García e Salvador Rodríguez Groba.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es