Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 51

O ciclón Klaus e os montes franceses






O 24 de xaneiro o ciclón Klaus tumbou uns 40 millóns de m3 de madeira nos montes de Aquitania, no sudoeste de Francia. Esta cantidade, principalmente piñeiro pinaster, o mesmo que o noso, equivale ás cortas de madeira de cinco anos en Galicia.

Os maiores danos producíronse nos montes das Landas, que ocupa unhas 987.000 hectáreas da rexión aquitana, das que o 83% está arborado con piñeiro do país (Pinus pinaster) e o 85% pertence a propietarios particulares. Os dous tercios da súa produción destínase a madeira de serra e desenrolo e un tercio a trituración. A industria da madeira dá emprego a unhas 34.000 persoas directamente o que representa o 12% do emprego industrial da rexión.

Despois da experiencia do vendaval do ano 1999 os silvicultores franceses xa saben que vale máis dar prioridade á corta e saca da madeira de mellor calidade antes de que non sirva para serra, de igual modo que non serve de nada amorear a pé de pista se o mercado está colapsado.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es