Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 51

Acordo Forestal para o aproveitamento e recuperación das zonas arboradas afectadas polo ciclón Klaus






Despois da noite do 23 de xaneiro na que o temporal Klaus derribou un millón e medio de toneladas de madeira nos montes galegos, as principais organizacións do sector forestal mantiveron reunións de traballo para lograr consensuar unhas medidas de axudas aos propietarios de montes e ás comunidades de montes afectados polo temporal. No documento seguinte transcríbese o texto do Acordo Forestal subscrito o 27 de febreiro entre a Consellería do Medio Rural e os representantes das principais organizacións forestais galegas.

Introdución. A difícil situación xerada polo temporal Klaus nos montes galegos, unida á grave crise que atravesa a industria da madeira en Galicia no marco dunha depresión económica xeneralizada e tendo en conta a posible repercusión no mercado do volume de madeira caída nos montes do sur de Francia, fan previsible o asentamento dunha situación económica moi complicada para o sector forestal galego, especialmente para os silvicultores que terán que custear a saca da madeira afectada, restaurar os bosques danados e afrontar as consecuencias da crise. Asemade terá que afrontar esta situación a propia industria da madeira que atravesará graves dificultades comerciais para colocar os seus produtos e igualmente as empresas de servizos forestais que verán notablemente diminuída a carga de traballo no monte.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es