Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 51

Axudas para montes afectados polo temporal Klaus






O 15 de abril publicouse no DOGA a Orde do 7 de abril de 2009, pola que se desenvolven as medidas urxentes previstas no Decreto 13/2009, do 29 de xaneiro, para a recuperación das zonas forestais polos danos causados polo temporal acaecido en Galicia a partir do 23 de xaneiro derivada do Acordo forestal do 27 de febreiro asinado pola Consellería do Medio Rural cos representantes do sector forestal e da industria da madeira na reunión da Mesa da Madeira..

O prazo de presentación de solicitudes destas axudas permanecerá aberto ata o 15 de maio de 2009.

Poderán serán beneficiarios das axudas propietarios particulares, C.M.V.M.C., asociacións de propietarios, agrupacións de propietarios, legalmente constituídas ou informais, pro indivisos, cooperativas agrarias, comunidades de bens, UXFOR, SAT, entidades locais e outras persoas xurídicas con máis de 0,5 ha de superficie afectada polo temporal.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es