Medidas para paliar os danos nos montes galegos causados polo temporal Klaus do 23 ao 24 de xaneiro de 2009
Propostas da AFG á Mesa da Madeira de Galicia do 20 de febreiro de 2009
|
A difícil situación xerada polo temporal Klaus nos montes galegos, unida á grave crise que atravesa a industria da madeira en Galicia no marco dunha depresión económica xeneralizada, e tendo en conta a posible repercusión no mercado do volume de madeira caída nos montes do sur de Francia, fan previsible o asentamento dunha situación económica moi complicada para o sector forestal galego, especialmente para os silvicultores que terán que costear a saca da madeira afectada, restaurar os bosques danados e sufrirán unha forte caída de prezos da súa madeira. Tamén sufrirá esta situación a propia industria que atravesará graves dificultades comerciais para colocar os seus produtos e igualmente as empresas de servizos forestais que verán notablemente diminuída a carga de traballo no monte. Por todo elo, resulta necesario e recomendable subscribir un acordo concertado entre os principais axentes do sector forestal e da
madeira de Galicia. |