A investigación forestal en Galicia (II)
Os retos e as demandas do sector
Francisco Fernández de Ana Magán e Francisco Dans del Valle
|
A partir dos grandes obxectivos de investigación, cumpre que os axentes do sector definan e precisen as súas demandas concretas e prioridades, nas que os investigadores aportarían o deseño dos programas coas metodoloxías a empregar xunto coas necesidades en investigación básica.
Con este fin sería importante crear, no marco da Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega, un órgano impulsor e artellador da investigación forestal galega onde estiveran representados os actores do sector; este órgano coordinaría aos investigadores e marcaría en boa medida as liñas, a curto, medio e longo prazo, que o sector precisa mellorar ou resolver.
Tomando en consideración os retos aos que se enfronta na actualidade o monte galego, indícanse a continuación algunhas das principais liñas de investigación no eido forestal. |