Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 50

O propietario forestal ante a crise económica



Francisco J. Fernández de Ana Magán
Presidente AFG

O tempo de outono é tempo de moita actividade no monte, é tempo de colleita dos cogomelos, das castañas, das noces e tamén é tempo de matinar nos labores a realizar nos nosos montes e como non, de posicionarnos ante a crise económica mundial que a uns nos afoga e a outros fainos estremecer.

Como sempre acontece, tamén neste caso, xa o tiñamos asumido dende hai tempo; víase vir e mesmo moitos dicían que isto chegaría e lembraban outros tempos nos que tanta xente sufriu pola escaseza de todo. Tanto benestar como nos tocou vivir non podía manterse por tanto tempo.

Como non hai mal que cen anos dure o importante é matinar que leccións podemos tirar de todo isto de xeito que nos sirvan cara o futuro.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es