Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 50

Programa de formación 2008 da AFG Viaxe a Portugal e Extremadura






A Asociación Forestal de Galicia desenvolveu ao longo da primavera e o outono de 2008, un programa de formación financiado pola Consellería do Medio Rural e os fondos FEADER, destinado a difundir entre os propietarios e comuneiros de comunidades de montes veciñais en man común diversos aspectos da silvicultura e da xestión dos montes galegos.

En total, impartíronse tres cursos sobre sanidade forestal, dous sobre outros aproveitamentos do monte distintos da madeira, catro sobre silvicultura de frondosas, cinco seminarios sobre prevención de incendios forestais, dous sobre aproveitamento da biomasa forestal primaria con fins enerxéticos, catro sobre fiscalidade e xestión de montes veciñais en man común, tres sobre poda, desmestas e rareos para a produción de madeira de alto valor e un sobre mercado, novos usos e comercialización de produtos forestais.

Asemade organizouse unha viaxe a Portugal e Extremadura para coñecer diferentes exemplos de aproveitamento de produtos forestais distintos da madeira.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es