Plan sectorial contable do sector forestal. Unha necesidade urxente para o futuro do sector
Daniel Rodríguez Cebreiro Responsable económico AFG
|
A valoración da incidencia fiscal na xestión da actividade forestal é relativamente recente. O feito de ser unha actividade do sector primario, pero que reporta ingresos para o silvicultor de carácter accesorio (de xeito habitual a súa renda principal é outra), fixo que a incidencia fiscal fose un criterio que non se valorara á hora de estudar a rendibilidade da actividade. En épocas pasadas, ademais, as marxes de beneficio eran aceptables polo que a incidencia fiscal significaba una redución do beneficio pero nunca, ou case nunca, deixaba de facer atractivo o investimento. Na actualidade, cunha economía globalizada e coa posibilidade de importar madeira doutros países, a influencia da imposición sobre as rendas económicas derivadas da explotación forestal fai que, unha actividade con marxe de beneficio, poida pasar a ter perdas, desaconsellando o investimento. |