Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 50

Novo imposto sobre sucesións
Incidencia nas herdanzas e doazóns de montes



Francisco Dans del Valle
Director da AFG

Os cidadáns galegos dispoñen de regulamento propio do imposto sobre sucesións. O Parlamento galego aprobou a Lei 9/2008, do 28 de xullo, galega de medidas tributarias en relación co imposto sobre sucesións e doazóns e o 7 de agosto de 2008 a lei foi publicada no DOGA. Esta lei ten unha gran importancia para os propietarios de montes de particulares, do seu acerto dependerá que as novas xeracións de galegos se interesen por coidar os montes que reciben en herdanza.

O imposto sobre sucesións, en adiante ISD, é un imposto estatal, pero recadado e regulado polas comunidades autónomas. O ISD grava os incrementos patrimoniais obtidos a título lucrativo por persoas físicas. Trátase de adquisicións mortis causa ou de doazóns e demais transmisións inter vivos equiparables. Non afecta ás adquisicións por persoas xurídicas, que xa están gravadas polo imposto sobre sociedades.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es