Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 50

A certificación forestal PEFC






Os propietarios forestais galegos xa poden adscribirse ao sistema de certificación rexional PEFC solicitando a certificación do seu monte.

A certificación forestal é un sistema mediante o que os propietarios forestais lle garanten á industria e aos consumidores que a madeira que compran procede de montes xestionados de maneira sostible, é dicir, que co seu labor asegura a permanencia do recurso no tempo, mantén a biodiversidade e ao mesmo tempo protexe os demais recursos do monte tales como a auga, o solo, a fauna e a flora.

No ano 1998 xurdiu o PEFC como unha iniciativa voluntaria do sector privado forestal, baseada nos criterios e indicadores emanados das Conferencias interministeriais de Helsinki (1993) e Lisboa (1998) para a protección dos bosques de Europa.

España incorporouse en xuño de 1998 a esta iniciativa e en maio de 1999 constituíuse PEFC-España, recoñecida polo Consello PEFC como o ente de administración desta sistema de certificación para España.

No ano 2003 naceu a Asociación Galega Promotora da Certificación Forestal (PEFC-Galicia), como unha entidade privada sen ánimo de lucro, á que pertencen as principais organizacións, entidades ou institucións do ámbito autonómico representativas da propiedade ou da xestión forestal (pública ou privada), das industrias transformadoras e do comercio de produtos forestais, dos usuarios, das institucións (públicas ou privadas) de ámbito educativo e científico vencelladas ao sector forestal, dos colexios e asociacións profesionais e das organizacións ambientalistas, e de calquera outro colectivo que teña interese no desenvolvemento dos fins da asociación.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es