XXII Asemblea xeral da AFG en Narón
|
O 28 de xuño de 2008 celebrouse en Narón a XXII Asamblea Xeral Ordinaria da AFG onde se aprobou o balance e conta de resultados do exercicio económico de 2007 e o orzamento para 2008, así como o informe da Xunta de Goberno sobre as actividades da asociación.
Ao final da asemblea fíxose entrega da insignia de ouro da Asociación Forestal de Galicia a José Sampayo López, silvicultor da comarca do Ortegal e ex vocal da Xunta de Goberno da AFG.
A xornada rematou cunha visita ao monte de Ancos en Xuvia, no concello de Neda situado na finca da antiga Real Fábrica da Moeda. O monte conta cun plan técnico forestal co que se están desvolvendo distintos modelos de silvicultura de eucalipto (madeira para pasta, para serra e para chapa). Os socios disfrutaron dun bonito paseo pola beira do río Grande de Xubia ata a Presa do Rei.
|