Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 50

Proxecto de xestión conxunta de montes particulares en San Cibrán de Ribarteme (As Neves)



Julio Ruiz Cagigal
Enxeñeiro técnico forestal e director técnico da AFG

Os principais problemas que presentan os montes particulares en Galicia, e en particular no sur de Pontevedra, son os incendios, o minifundio, a escaseza de infraestruturas forestais, a falta de información e asistencia silvícola, a infrautilización da capacidade produtiva e a deficiente comercialización dos produtos.

Estes problemas agravados co despoboamento e avellentamento do medio rural, conduce inexorablemente ao abandono dos montes, comprometendo en determinadas áreas galegas o futuro do sector forestal, e aumentando o risco de incendio. Este é un feito perfectamente constatable na actualidade, pero que se verá potenciado no futuro pola maior desvinculación da poboación co medio rural. As perspectivas demográficas non son prometedoras na metade oriental da provincia: os cambios sociolóxicos experimentados a partir da transición democrática, contribuíron de forma notable a drástica redución da natalidade, non compensándose coas entradas de inmigrantes.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es