O comportamento do castiñeiro ante o lume
Francisco Javier Fernández de Ana Magán
|
No verán do 2006 un forte incendio producido con altas temperaturas e vento do norte afectou a unha parte importante dos montes de Cotobade e Pontevedra destruíndo varios montes veciñais e multitude de propiedades particulares; nesta área está instalado un souto de castiñeiro propiedade da empresa Hifas da Terra cunha extensión de 2 ha e formado por plantas de castiñeiro híbrido (Castanea x courdecii) que foran plantadas en varias quendas e contaban con idades entre os vinte e trinta anos. Podados ata os oito metros presentaban bos medríos e neles aproveitábase a produción de castaña, cogomelos e madeira polo que se atopaban perfectamente rozados e atendidos silvicolamente. |