O castiñeiro nos montes veciñais na comarca do Condado
Julio Ruiz Cagigal e Paula Rodríguez Álvarez
|
No ano 2006 a Asociación Forestal de Galicia elaborou o Estudo do emprego do castiñeiro nos montes veciñais na comarca do Condado coa axuda da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia. O obxectivo foi determinar a aptitude dos montes veciñais da comarca para o seu cultivo, mediante un inventario de parcelas con toma de datos dasonómicos, de estación e de estado sanitario das masas de castiñeiro plantadas nos últimos anos. Este artigo recolle os resultados máis destacados daquel estudo. |