As unidades de xestión forestal en Galicia
|
O pasado mes de xuño entrou en vigor o Decreto 101/2008, do 30 de abril, polo que se regulan as unidades de xestión forestal en Galicia (UXFOR), que teñen por finalidade a reorganización da propiedade forestal para o efecto de garantir a defensa contra os incendios forestais e facilitar a ordenación dos montes e o seu planeamento preventivo, obrigándose a manter un instrumento de xestión forestal específico e unha rede de infraestruturas preventivas básicas.
A creación destas unidades baséase na Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. O procedemento de constitución dunha UXFOR iniciarase a partir dunha solicitude dos propietarios interesados inda que tamén poden ser creadas de oficio pola Administración, sempre que se prevexan nos plans de defensa contra incendios dos distritos forestais.
|