Visitas técnicas aos socios AFG
|
Esta primavera a AFG puxo en marcha un novo servizo de atención a socios que consiste na realización de visitas técnicas aos montes daquelas zonas onde un grupo de asociados estén interesados en que un experto técnico da AFG visite os seus montes. As visitas servirán para poder atender demandas comúns entre propietarios dunha determinada área ou comarca.
Todos aqueles socios que estén interesados en organizar unha destas visitas técnicas na súa zona poden poñerse en contacto coa oficina da AFG máis próxima. Asemade, aqueles socios que queiran acompañar aos técnicos nalgunha destas visitas poderán facelo chamando previamente ás nosas oficinas para elixir o percorrido que máis se axeite aos seus intereses.
|