Ao longo do ano, a AFG organiza numerosas actividades relacionadas coa silvicultura e a xestión de montes; entre elas destacan a realización de viaxes técnicas, a asistencia a feiras forestais, a organización de congresos, simposios e seminarios de carácter forestal. No ámbito da formación, a AFG imparte cursos aos seus socios sobre os principais aspectos da silvicultura e da xestión de montes.
Por outra parte, todos os socios da AFG benefícianse tamén de:
A revista O Monte de periodicidade trimestral e gratuíta para os socios, cunha tirada de 2.500 exemplares. Con información actualizada sobre prezos da madeira, axudas e subvencións, técnicas silvícolas, sanidade forestal, normativas...
A publicación de libros e manuais sobre silvicultura, fiscalidade forestal e xestión de montes.
Biblioteca técnica cun amplo fondo bibliográfico que inclúe os principais libros e revistas do eido forestal.
Descontos en viveiros forestais para compra de planta.